... Non lembro gran cousa do que dixéramos os dous antes de que él me espetara ese "
propoño que nolo fagamos". Lembro cambiarme de postura no seu
sillón, lembro que o apartamento estaba en penumbra; lembro o vaso de
ron na miña man esquerda e un
cigarro na dereita. É unha lembranza moi similar a que teño de
Pantagruel.: a atención dun home concentrada en min, a atención dun home que me agradaba. O sexo formaba parte desa atención, a atención era parte do sexo. Iso entendino sin problemas. Era o mesmo que facía eu coas rapazas, ainda que elas nunca o facían comigo, alomenos deste xeito, e a min gustábame que o fixeran. Unha vez, cando Carlos me encheu o vaso, rozóume os dedos e eu non os apartei. Gostábame facer o que estabamos facendo, a soas os dous na penumbra.
Por iso, cando me dixo: "
propoño que nolo fagamos", non me sorprendín, non me sobresaltei. Sí que me pareceu un xeito bastante ridículo e academicista de expresalo, e díxenllo. Díxenlle que nunca tivera trato sexual cun home e él contestoume que non lle importaba, que lle gustaba deitarse con heterosexuais. De certo modo era a súa especialidade. Díxome que seducira a casi que tódolos seus amigos casados, e dixoo con certo deleite. Estaba a escoitalo só a medias. Nada máis decir que nunca tivera trato sexual cun home, lembréime de Crux, de ...