quinta-feira, julho 26, 2007

Myanmar .


Atrás queda Kachim. O día anterior o meu regreso, un sábado particularmente depresivo: non tiña nada previsto para a última noite en Bhamo, aparte da miña infructuosa rutina do último mes. Tomara a decisión de quedarme so no motel e emborracharme ata caer redondo. Xa estaba farto daquelo. En Myitkyina tiña rapazas de sobra. Ia ser a miña derradeira visita a Bhamo. Nin en broma me acercaría o paseo do lago. Ía mercar unha botella de ron e unhas cuantas Coca-colas par bebelo todo eu so. De regreso o motel pasei por un restorante no que nunca me fixara: decidín probar sorte.
my pet!