quarta-feira, novembro 02, 2005

Unha "ponte" inesperada


... Non lembro gran cousa do que dixéramos os dous antes de que él me espetara ese "propoño que nolo fagamos". Lembro cambiarme de postura no seu sillón, lembro que o apartamento estaba en penumbra; lembro o vaso de ron na miña man esquerda e un cigarro na dereita. É unha lembranza moi similar a que teño de Pantagruel.: a atención dun home concentrada en min, a atención dun home que me agradaba. O sexo formaba parte desa atención, a atención era parte do sexo. Iso entendino sin problemas. Era o mesmo que facía eu coas rapazas, ainda que elas nunca o facían comigo, alomenos deste xeito, e a min gustábame que o fixeran. Unha vez, cando Carlos me encheu o vaso, rozóume os dedos e eu non os apartei. Gostábame facer o que estabamos facendo, a soas os dous na penumbra.
Por iso, cando me dixo: "propoño que nolo fagamos", non me sorprendín, non me sobresaltei. Sí que me pareceu un xeito bastante ridículo e academicista de expresalo, e díxenllo. Díxenlle que nunca tivera trato sexual cun home e él contestoume que non lle importaba, que lle gustaba deitarse con heterosexuais. De certo modo era a súa especialidade. Díxome que seducira a casi que tódolos seus amigos casados, e dixoo con certo deleite. Estaba a escoitalo só a medias. Nada máis decir que nunca tivera trato sexual cun home, lembréime de Crux, de ...
my pet!