quarta-feira, outubro 19, 2005

Fugaz Olimpo


A persoa coa que eu me ía ir a casa entrou con outra persoa, unha persoa que ría o inspirar ar en vez de expiralo, de xeito que a súa risa parecía un estertor. Casi cada dous por tres dáballe palmadas nas costas a persoa coa que eu me ía ir : palmadas primeiro fortes, logo moi fortes, o fin extremadamente fortes, casi que como se quixese estampala contra a barra do bar. Era moi extraño. Despois de cada palmada, a persoa coa que me ía ir a casa dicíalle a persoa có acompañara que xa estaba ben, pero íste non paraba. Daba a impresión de que era incapaz de parar- cousa tamén moi extraña-, e o cabo dunha hora a persoa coa que eu me ía ir deu un berro a persoa que o acompañara. Díxolle que liscara e que o deixara en paz, cousa que fixo de súpeto, sen mediar palabra. Embutiuse na chaqueta e largou, cousa que tamén me pareceu moi extraña. Para entón, eu xa os estaba mirando sen quitarlles o ollo de enriba
my pet!