quarta-feira, outubro 19, 2005

De súpeto... un bico ¡¡¡

Fugaz Olimpo


A persoa coa que eu me ía ir a casa entrou con outra persoa, unha persoa que ría o inspirar ar en vez de expiralo, de xeito que a súa risa parecía un estertor. Casi cada dous por tres dáballe palmadas nas costas a persoa coa que eu me ía ir : palmadas primeiro fortes, logo moi fortes, o fin extremadamente fortes, casi que como se quixese estampala contra a barra do bar. Era moi extraño. Despois de cada palmada, a persoa coa que me ía ir a casa dicíalle a persoa có acompañara que xa estaba ben, pero íste non paraba. Daba a impresión de que era incapaz de parar- cousa tamén moi extraña-, e o cabo dunha hora a persoa coa que eu me ía ir deu un berro a persoa que o acompañara. Díxolle que liscara e que o deixara en paz, cousa que fixo de súpeto, sen mediar palabra. Embutiuse na chaqueta e largou, cousa que tamén me pareceu moi extraña. Para entón, eu xa os estaba mirando sen quitarlles o ollo de enriba

terça-feira, outubro 18, 2005


A habitación estaba nun terceiro piso dun edificio con unha escaleira desvencellada que se queixaba de cada paso, e non era moito máis grande que a propria cama. Era unha vella cama de latón, e os muelles do somier estaban feitos pó. Era imposibel moverse un milímetro sen despertar ó do lado e para que falar da sinfonía de chirridos que se armaba con cada ferrete.
A pensión lévana unha parella de homosexuais, e había homoxesuais aloxados en case que tódalas habitacións. Homes que auiaban a voz en berro con cada orgasmo, que sostiñan tremendas riñas nas que se chamaban uns os outros "perras" e que ian en kimono de seda o cuarto de baño comunitario.
Aparte de Crux, non coñecía a ninguén máis na cidade e iste ambientillo poñíame nervoso
my pet!